Ollar do Cido está en Seoane do Courel, no centro neurálxico do Xeoparque Mundial da UNESCO e reserva da  biosfera,  Montañas do Courel.

Está a 20 km do Camiño de Santiago francés, inda que polo Courel discorren dúas variantes do camiño francés  de inverno.


Desfruta dunha estadía acolledora na nosa casa, equipada con tódalas comodidades, neste lugar privilexiado.

Explora O Courel a través das nosas rutas de sendeirismo, descubrindo a vexetación, a fauna e a cultura da rexión. 

Dende esta localidade parten diversas rutas e hai, a súa vez, múltiples lugares de interese ao seu carón: a Casa Fundación Uxio Novoneyra, O Castelo do Carbedo, A Ferraría de Seoane, Os castros do Cido e da Torre, As minas romanas de ouro da Toca e do Torubio, As Devesas da Escrita, en Paderne, e da Rogueira, en  Moreda...

 


Preguntas frecuentes

Cales son os horarios da entrada e a saída ?

Flexible, habitualmente non temos un horario definido.

Admitides mascotas?

Sí, admitimos mascotas .


Ubicación

Ollar do Cido

Calle Nogaredo, nº 17, Seoane do Courel Lugo España



Sobre nós

 

Ollar do Cido é un  proxecto familiar que nace coa paixón e intención de compartir a riqueza do Caurel e Galicia cos  nosos visitantes. Queremos ofrecer un turismo rural sostible, respetando e valorando a contorna natural e cultural da rexión. Esforzámonos  por brindar un servizo de calidade e calidez, para que cada hóspede viva unha estadía auténtica e inesquecíbel.


Comentarios

Paula
hace un año

Repetiría una y mil veces

Añadir comentario

Listas de reproducción

VUT-LU-001777

REGISTRO ÚNICO:ESFCTU000027016000019796000000000000000VUT-LU-0017776